Wednesday 15 de May de 2024

Xornada de presentación do Estudo Arousa impulsado por David Chipperfield, mañá sábado na última planta do Mercado


Mañá sábado 6 de maio terá lugar unha xornada de presentación e debate do Estudo Arousa, iniciativa impulsada polo arquitecto británico David Chipperfield.

Esta segunda etapa do Estudo, que comezou en marzo de 2017, quere presentar mediante a organización deste evento os primeiros progresos do estudo, presentarse a expertos en diferentes ámbitos e establecer lazos de colaboración, debater sobre os conflitos e potenciais identificados, e acordar unhas liñas de actuación para os próximos meses.

Entre os participantes a este workshop contarase –ademais de co propio Chipperfield e outros arquitectos integrantes ou colaboradores do seu estudo– con algunhas autoridades, expertos, universidades e representantes dos sectores produtivos.

A actividade terá lugar no último andar do edificio do mercado municipal de Riveira, principiando ás 11.30 horas con sesións de mañá e tarde.

[Se ben o workshop ten carácter interno, permitirase a cobertura de medios informativos na primeira parte da acción (11.30-13.15):

11.30-11.45h Presentación de invitados
11.45-13.15 h Conferencia. Estudo Arousa:
Bloque 1: A iniciativa
Bloque 2: Auga e terra: área de interrelación
Bloque 3: Estudo Arousa. Unha ferramenta transversal.]